BUSCAR
Conferencia "Cando o Paraíso non era ningún paraíso (ou o Edén en Mesopotamia)" a cargo de Pedro Azara
Xoves 03 de Decembro de 2015
20:00
Sede Vigo
Aforo limitado
Aberto ao público
Pedro Azara
Profesor de Estética, Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona
Título: Cando o Paraíso non era ningún paraíso (ou o Edén en Mesopotamia).
Resumo: O Paraíso e o Edén, son dúas maneiras indistintas de nomear a terra das orixes, ou o lugar non contaminado asignado por Yahvé aos primeiros seres humanos, ou refírense a dous espazos moi distintos? Trala morte, no Cristianismo, os benaventurados ascenden ao Paraíso; acaso regresan ao Edén dos inicios do tempo? En Mesopotamia existía un lugar orixinario descrito en termos semellantes aos do Antigo Testamento; por outra parte, o substantivo Edén podería estar relacionado cun termo mesopotámico que denomina o val entre os ríos Tigris e Éufrates. É o Paraíso –ou o Edén- unha transposición do espazo orixinario mesopotámico, ou ambos posúen trazos propios? A conferencia aborda o estudo do Paraíso situándoo no “espazo dos inicios” mesopotámico, e comparándoo con este.
PRÓXIMOS EVENTOS
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-